As confrarías de pescadores, agrupacións do sector pesqueiro, organizacións de produtores, cooperativas, asociacións profesionais de persoas pescadoras, mariscadoras e redeiras xa poden solicitar as axudas da nova orde habilitada pola Xunta por valor de 10 millóns de euros para a modernización de equipamentos e infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque, rulas e fondeadoiros.
Así o destacou o pasado sábado 31 de xaneiro a conselleira do Mar, Marta Villaverde, na visita realizada á lonxa de Testal, xestionada polo depósito noiés, co fin de animar aos axentes beneficiarios a acollerse a estes apoios, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) para o período 2026-2027.
FONTE: Consellería do Mar
