A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou o 11 de xuño o convenio de colaboración coa confraría de Moaña para impulsar a rexeneración dos bancos marisqueiros afectados polas borrascas de comezos de ano, e que se enmarca no Plan extraordinario impulsado pola Xunta, dotado con preto de 23 millóns de euros, para facer fronte aos graves danos sufridos polas poboacións de moluscos bivalvos como consecuencia dos episodios meteorolóxicos adversos.
O acordo está cofinanciado polo fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). Conta cun orzamento total de 133.679 euros e permitirá desenvolver un amplo programa de traballos de rexeneración e acondicionamento en 642.612 metros cadrados repartidos entre os areais de Xunqueira, Meira e Domaio, así como, de forma complementaria, na zona do Con. De feito, máis dos 93% dos fondos destinaranse directamente ás compensacións económicas das profesionais participantes nos traballos de recuperación, garantindo así o mantemento da actividade e da protección social do colectivo durante a execución das actuacións.
Fonte: Consellería do Mar
