Villaverde asina coa FIAB o convenio para impulsar a promoción e competitividade dos produtos da cadea mar-industria

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou o 17 de marzo o convenio de colaboración coa Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB) co obxectivo de seguir impulsando, neste 2026, accións de promoción, innovación e internacionalización dos produtos da cadea mar-industria galega, que representan unha boa mostra do que é a Galicia Calidade do mar. Este acordo enmárcase na estratexia da Xunta de apoiar o tecido empresarial vinculado á actividade marítimo-pesqueira, un sector clave para a economía galega polo seu peso en termos de emprego e capacidade exportadora.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES