Villaverde asina un convenio coa confraría de Vilaxoán que permitirá a restauración de 8 bancos marisqueiros cunha superficie total de 213.487 m²

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou o 27 de maio  co patrón maior da Confraría de Pescadores de Vilaxoán, Joaquín Santos Pérez, o convenio de colaboración para executar o proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira. A Consellería do Mar sufraga o 100% do importe solicitado pola propia entidade, que ascende a 206.479,71 euros, para paliar os severos danos causados polos temporais de comezos de ano e a consecuente baixada crítica de salinidade.

A titular de Mar destacou que o obxectivo prioritario do convenio é devolver a produtividade aos areais e garantir a viabilidade económica do colectivo a través dun modelo de cogobernanza que escoita e atende as demandas técnicas do sector.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES