Villaverde destaca a modernización e a innovación para reforzar a competitividade da cadea mar-industria galega

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou en Vilanova de Arousa na inauguración da ampliación das instalacións de Mariscos Gilmar, empresa especializada na transformación e comercialización de polbo. Durante o acto, salientou a importancia do investimento, a innovación e a incorporación de tecnoloxía para mellorar os procesos produtivos, aumentar o valor engadido dos produtos do mar e fortalecer a presenza internacional do sector galego.
A compañía recibiu dúas axudas da Xunta que suman máis de 771.000 euros para proxectos de modernización e mellora das súas instalacións, cun investimento total superior aos 1,6 millóns de euros. As actuacións inclúen a optimización dos procesos produtivos, medidas de eficiencia ambiental, melloras en seguridade e hixiene e novos sistemas de control e xestión, co obxectivo de reforzar a competitividade e sustentabilidade da industria transformadora galega.

Fonte: Xunta de Galicia – Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES