A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu o 13 de marzo ao acto de renovación da certificación Pescaenverde da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7), un distintivo que outorga a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que avalía e certifica o compromiso do sector pesqueiro coa sustentabilidade ambiental mediante a medición e redución da pegada de carbono da actividade extractiva.
Durante a súa intervención, Villaverde puxo en valor o traballo desenvolvido pola organización e pola frota asociada para avanzar cara a unha actividade pesqueira máis eficiente e respectuosa co medio mariño. Neste sentido, destacou que iniciativas como Pescaenverde permiten mellorar o coñecemento do impacto ambiental da actividade pesqueira e impulsar medidas orientadas á redución das emisións e á optimización do consumo de combustible.
Fonte: Consellería do Mar
