Villaverde destaca o labor social das confrarías ao longo do tempo na presentación do libro sobre a historia do Pósito de Pescadores de Carreira e Aguiño

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o pasado 16 de xaneiro na presentación do libro O Pósito de Pescadores de Carreira e Aguiño (1924-1944), unha obra que recupera a historia e o legado dunha das entidades mariñeiras máis representativas da ría de Arousa, e que ven de conmemorar o centenario da súa orixe como entidade asociativa.

Durante o acto, celebrado na sede da confraría, a titular de Mar destacou que a publicación é “un exercicio necesario de memoria colectiva” que permite entender o pasado para valorar o presente e proxectar o futuro do sector. Villaverde subliñou que a historia do pósito é tamén a dunha comunidade que xerou riqueza, preservou patrimonio e protexeu un ben social vencellado ao mar, facendo da actividade pesqueira un eixo económico, social e cultural esencial para Aguiño e para Ribeira.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES