Villaverde destaca o papel estratéxico da miticultura galega e reclama máis apoio europeo para o sector

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, clausurou a xornada “Miticultura en clave europea: retos actuais e perspectiva de futuro”, organizada pola Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) co fin de analizar os desafíos que afronta este sector no futuro escenario xeopolítico e financeiro da UE.

Villaverde puxo en valor a capacidade innovadora, a sustentabilidade e a competitividade desta actividade, que cualificou de “estratéxica para Galicia”. A comunidade, con preto de 200.000 toneladas anuais, produce ao redor da metade de todo o mexillón cultivado en Europa.

“O noso mexillón é un produto recoñecido pola súa calidade, rastrexabilidade e modelo sostible de produción”, asegurou. Ao mesmo tempo, destacou que “detrás deste éxito hai xeracións enteiras de profesionais do mar, investigación científica e empresas que souberon modernizarse”.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES