Villaverde inaugura a II edición do programa educativo ‘Capitán Mareas’ para promover o consumo de peixe na poboación infantil

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou o 10 de marzo en Ribeira, xunto co director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño, a segunda edición do Capitán Mareas, o programa educativo desta firma de alimentación, que busca fomentar o consumo dos produtos do mar entre os mozos de 8 a 12 anos e dar a coñecer a actividade pesqueira local.

Así, desde marzo a maio, impartiranse 25 talleres en 13 lonxas, 11 galegas e 2 asturianas. Deste xeito, ademais da lonxa de Ribeira, estas iniciativas levaranse a cabo nas de Malpica, Laxe, Burela, Fene, Ferrol, Fisterra, Sada, Baiona, Cangas e as asturianas de Avilés e Porto de Vega.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES