Villaverde pide ao Goberno baixar o IVE do peixe e analiza as barreiras ao consumo

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou no CETMAR (Vigo) a xornada “Peixe sen espiñas. Barreiras ao consumo de produtos do mar”, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Na súa intervención reiterou a petición ao Goberno central de eliminar ou baixar ao tipo superredutido o IVE que grava os produtos pesqueiros, unha medida que, ao seu xuízo, podería impulsar o consumo nos fogares. Recordou que en 2025 cada galego consumiu máis de 23 quilos de peixe e marisco ao ano —cinco por riba da media estatal—, aínda que a tendencia xeral é á baixa.
A xornada analizou os principais obstáculos para que o peixe apareza máis nos menús cotiáns: falta de tempo para cociñar, percepción de prezo elevado, perda do hábito na infancia e desinformación sobre preparación. A Xunta presentou iniciativas como o “Movemento Azul”, o programa “Mexillón de Galicia nas aulas” e a campaña de foodtrucks “Galicia Sabe A MAR” como respostas a estas barreiras.

Fonte: Xunta de Galicia
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES