Fonte: Consellería do Mar
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou a evolución de Pescados Marcelino, que logrou integrar todo o proceso de transformación sostible do mexillón comezando pola actividade como cocedero de moluscos para dar saída á produción das súas propias bateas. Así o manifestou na visita ás instalacións da empresa no porto de Aldán, no concello de Cangas.
Durante o percorrido polas instalacións, a responsable autonómica, acompañada polo xerente da empresa, Ramón María Marcelino Canosa, e polo presidente da Cooperativa de Mexilloeiros Socomgal, Rosendo Queimaño, coñeceu de primeira man o traballo desta peme familiar que conta con preto de medio século de historia e que, na actualidade, destina o 60% da produción da súa cocedero á industria conserveira.
