A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou, o pasado 18 de decembro, no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) o acto de presentación dos resultados de Redemar 2025. A xornada serviu como escaparate dos avances da rede de colaboración científico-técnica impulsada pola Xunta para analizar o estado das rías na busca de melloras para a frota, o marisqueo e o litoral galego.
Villaverde, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, subliñou que “o futuro do noso mar depende máis que nunca da alianza estratéxica entre o coñecemento científico e a experiencia do sector”, destacando que REDEMAR permite anticiparse aos retos que afectan á actividade e impulsar decisións sustentadas en datos fiables. Tamén insistiu en que os resultados deben redundar en beneficios concretos para as mariscadoras, pescadores e empresas que conforman a cadea mar-industria.
Fonte: Consellería do Mar
