Villaverde recibe a representantes da Asociación Galega de Comercializadores de Marisco para abordar as necesidades dos seus asociados

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, recibiu a representantes da Asociación Galega de Comercializadores de Marisco (Agacomar) para abordar as necesidades dos seus asociados. A responsable autonómica, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, puxo en valor o papel deste sector na engranaxe que permite levar os produtos marisqueiros da comunidade aos consumidores.

Esta entidade, constituída en 1989, aglutina ao redor de 150 empresas da cadea de subministro como depuradoras, cetarias, centros de expedición e comercializadoras, que xeran 1.500 postos de traballo. O seu obxectivo é defender os intereses do sector comercializados do marisco e os do sector marisqueiro, así como alcanzar unha representatividade en todos os entes que teñan incidencia nesta actividade.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES