A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse o pasado 3 de xuño coa Asociación Galega de Comercializadores de Mariscos (Agacomar) para dar seguimento ao diálogo permanente que mantén co sector e profundar na evolución e as necesidades dun sector tan estratéxico para Galicia como é a cadea mar-industria.
Durante o encontro, Villaverde destacou a importancia da colaboración entre a Administración, a comunidade científica e os axentes económicos para seguir impulsando a competitividade e garantir a viabilidade e o futuro da actividade marítimo-pesqueira galega.
Fonte: Consellería do Mar
