Villaverde sitúa a sostibilidade económica, social e ambiental no debate sobre o futuro da pesca artesanal

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o 9 de outubro en Foz (Lugo) na clausura das XII Xornadas de Reflexión sobre a Pesca Artesanal do Cantábrico Noroeste, organizadas pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo. No encontro destacou a importancia da frota artesanal para a economía e a cohesión social das comunidades costeiras, defendéndoa como un modelo ligado á transformación, ao futuro e á sustentabilidade.
As xornadas abordaron cuestións clave para o sector, como as novas obrigas sanitarias, os despachos telemáticos das embarcacións, as capturas accidentais de atún vermello, a seguridade a bordo, os custos produtivos e a remuda xeracional. Tamén se analizaron as posibles repercusións do Plan Nacional de Restauración da Natureza sobre a actividade da frota de baixura.

Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES