Xunta e Agade analizan asuntos de interese para os depuradores de moluscos da comunidade

A secretaria xeral Técnica, Marta Barreiro, mantivo un encontro con representantes da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade) para abordar asuntos de interese para o sector. A responsable autonómica, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, destacou a importancia da cadea de valor vinculada á depuración e comercialización dos produtos do marisqueo e da acuicultura na comunidade.

Este encontro dá seguimento ao celebrado o pasado mes de outubro no marco das reunións periódicas dos responsables autonómicos coas principais entidades representativas do sector. A finalidade é facer un seguimento dos asuntos e analizar as necesidades particulares de cada subsector co obxectivo de ofrecer solucións específicas a cada unha delas. Na actualidade, Agade agrupa un total de 45 empresas que xeran 1.000 empregos directos e rexistran unha facturación conxunta anual de 300 millóns de euros. Unhas cifras que sitúan a esta organización como referente a nivel estatal.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES