Xunta e Fundamar abordan posibles liñas de colaboración para o impulso do sector

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse o 10 de marzo con representantes da Fundación para Pesca e o Marisqueo (Fundamar) coa finalidade de avanzar en liñas de colaboración orientadas a fortalecer a promoción, fomento e cualificación da actividade marítimo-pesqueira.

Deste xeito, o encontro serviu para sentar as bases do deseño e posta en marcha de novas accións que profunden tamén na mellora da percepción social do sector como un ámbito de oportunidades profesionais de futuro.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES