Villaverde destaca a importancia de fomentar o consumo de produtos do mar entre os máis mozos con proxectos como `Xeración Pescado´

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o 30 de abril no Congreso de Infancia e Adolescencia celebrada na Casa da Cultura de Burela, onde subliñou a importancia de consolidar hábitos de vida saudables entre os menores e garantir o futuro do sector pesqueiro galego con proxectos como Xeración Peixe. O evento, organizado pola Fundación Expomar no marco desta iniciativa financiada pola Consellería do Mar ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo, serviu como foro de encontro para analizar a relevancia da proteína mariña na alimentación infantil.

Villaverde destacou que fomentar o consumo de peixe e marisco entre nenos e adolescentes ocupa un lugar “absolutamente prioritario para a Xunta”. Segundo explicou a titular de Mar, urxe manter o vínculo entre o noso mar e as novas xeracións. Por iso, valorou dun modo moi positivo as múltiples actividades que vertebran este proxecto —desde visitas talleres de cociña e nós mariñeiros, ata investigacións, limpezas de areais e o valioso intercambio interxeracional coas persoas maiores—. Un programa que, en palabras da conselleira, “une investigación, cultura, gastronomía, medio ambiente e artesanía para conectar á mocidade co esforzo dos profesionais do sector”.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES