Marta Villaverde analiza coa fundación Expomar as liñas de colaboración para 2026
Marta Villaverde, mantivo unha reunión con representantes da Fundación Expomar para analizar as vías de colaboración entre a Xunta e esta entidade ao longo do ano 2026, nun encontro centrado no impulso de iniciativas de promoción, formación e posta en valor do sector marítimo-pesqueiro.
Saber maisVillaverde defende en Bruxelas o papel da pesca e a acuicultura como piar da seguridade alimentaria europea
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o pasado 29 de xaneiro en Bruxelas na conferencia internacional “A contribución da pesca e a acuicultura á seguridade alimentaria”, un encontro no que defendeu o papel estratéxico dos alimentos azuis na garantía dun sistema alimentario europeo máis sostible, resiliente e saudable.
Saber maisVillaverde aborda con Anfaco-Cytma novas accións que poñan en valor a calidade e seguridade das conservas e o impulso dun consumo informado e responsable
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, recibiu á xunta directiva da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Produtos Transformados de Peixes e Mariscos-Centro Nacional de Coñecemento e Tecnoloxía para a Industria Mariña, Acuícola e Alimentaria (Anfaco-Cytma) en aras de emprender accións conxuntas que contribúan a poñer en valor a calidade, seguridade e prestixio das conservas de peixe.
Saber mais