Villaverde anuncia que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas de modernización dos equipamentos portuarios, dotadas con 10 M€
As confrarías de pescadores, agrupacións do sector pesqueiro, organizacións de produtores, cooperativas, asociacións profesionais de persoas pescadoras, mariscadoras e redeiras xa poden solicitar as axudas da nova orde habilitada pola Xunta por valor de 10 millóns de euros para a modernización de equipamentos e infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque, rulas e fondeadoiros.
Saber maisA Xunta acorda co sector estudar novas medidas dirixidas a mellorar a captación de fazula para garantir a campaña dos bateeiros
A Consellería do Mar, tras a reunión da Comisión do Mexillón celebrada esta tarde e na que participou a titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, acordou estudar novas medidas dirixidas a mellorar a captación de mexilla e que axuden a garantir a campaña para todos os bateeiros.
Saber maisAberto o prazo das axudas para o impulso das pemes de transformación de produtos do mar, dotadas con 14 M€
A conselleira do Mar anunciou o pasado 21 de xaneiro en Cabomar que, coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Xunta abre o prazo para que as pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura poidan solicitar as axudas habilitadas pola Consellería do Mar para impulsar a súa competitividade e actividade.. (…)
Saber mais