Villaverde salienta a importancia de combinar tradición e innovación no sector mitilicultor durante a súa visita ao Grupo Proinsa.
A conselleira do Mar Marta Villaverde visitou as instalacións do Grupo Proinsa no porto de Lorbé (Sada, A Coruña) para coñecer os seus sistemas de captación de semente mediante cordas colectoras e poñer en valor as axudas do FEMPA ao sector miticultor galego. Na última convocatoria, a Consellería adxudicou máis de 7,8 millóns de euros ao conxunto do sector, financiando 89 proxectos de construción e modernización de bateas, instalación de sistemas de seguridade e renovación de embarcacións auxiliares. (…)
Saber maisJealsa amplía a súa concesión no porto de Bodión ata 2067 e comprométese con 8 millóns en investimento
Jealsa Corporación, unha das empresas conserveiras de referencia de Galicia e España, recibiu en novembro de 2025 a ampliación excepcional da súa concesión no porto de Bodión (Boiro, A Coruña) ata xuño de 2067, outorgada por Portos de Galicia. Esta semana a conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou as súas instalacións para coñecer os plans de expansión da compañía. A concesión está vinculada a un compromiso de investimento de 8 millóns de euros en modernización das instalacións, mellora enerxética, nova nave e reconstrución dunha instalación industrial. (…)
Saber maisA Xunta apoia as mariscadoras do Anllóns cun convenio de 60.000 € tras os danos dos temporais
A Consellería do Mar mantén coa Agrupación de Mariscadoras do Río Anllóns (Cabana de Bergantiños, A Coruña) un convenio de 60.254,80 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para rexenerar 118.254 metros cadrados de zonas produtivas afectadas polas intensas borrascas de principios de 2026. A actividade extractiva na zona permanece suspendida desde finais de febreiro para permitir a recuperación dos recursos de berberecho e ameixa. (…)
Saber mais