O CIMA distribúe máis de 404.700 unidades de semente de bivalvos a confrarías de toda Galicia

O Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), dependente da Consellería do Mar, distribuíu ao longo do mes de agosto un total de 404.700 unidades de semente de bivalvos a diversas entidades do sector, co obxectivo de apoiar a recuperación e rexeneración dos bancos marisqueiros. As entregas incluíron ameixa xaponesa, ostra plana, ameixa babosa e ourizo de mar, distribuídos ás confrarías de Barallobre (123.000 uds.), Arcade (103.000 uds. ostra plana), Vilaxoán (82.700 uds.), Illa de Arousa (81.000 uds. ostra), A Coruña (15.000 uds. ameixa babosa) e a ARESMAR (3.000 uds. ourizo). (…)

Saber mais

A Xunta e a Confraría de Ribadeo mobilizan preto de 150.000 € en axudas 2025-2026 para pesca artesanal, equipamentos e lonxa

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse co patrón maior da Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo para analizar a situación local e explorar novas liñas de colaboración. A Xunta mobilizou nese período 150.000 euros a través de distintas liñas cofinanciadas polo FEMPA: 36.327 € en 2025 e outros 36.327 € en 2026 para proxectos colectivos de xestión sostible da pesca costeira artesanal; 30.370 € para a adquisición dunha carretilla elevadora e unha transpaleta; e 11.421 € para modernizar o equipo frigorífico da lonxa con refrixerantes de baixo impacto ambiental. (…)

Saber mais

subscríbete á nosa newsletter

Nosas redes sociais

gl_ESGL_ES