PESCA 4.0: VENDA DIRECTA B2B E LOXÍSTICA INTELIXENTE PARA CONQUISTAR MERCADOS PREMIUM
Queres levar os teus produtos pesqueiros a novos mercados e mellorar a rendibilidade do teu negocio? Neste obradoiro descubrirás como dixitalizar a canle profesional, implementar sistemas de venda directa B2B, optimizar a loxística e garantir a rastrexabilidade do produto mediante ferramentas innovadoras. Ademais, coñecerás casos de éxito en Galicia e as oportunidades de financiamento para impulsar a transformación dixital do sector.
