DO MERCADO Á EMPRESA: NOVOS REQUISITOS DE SUSTENTABILIDADE E COMO CONVERTELOS NUNHA VANTAXE COMPETITIVA
O mercado demanda cada vez máis información sobre sustentabilidade, trazabilidade, orixe dos produtos, pegada ambiental e cadea de subministración. Neste obradoiro descubrirás como preparar a túa empresa para responder a estas novas esixencias e como transformar a sustentabilidade, a calidade e a transparencia en ferramentas de diferenciación e oportunidades de negocio. Aprenderás tamén a comunicar estes valores de forma eficaz para reforzar a túa posición no mercado.
