Dos datos á decisión: dixitalización e trazabilidade para unha acuicultura máis eficiente

🏢 Como poden os datos mellorar a xestión dunha explotación acuícola? Neste obradoiro descubrirás como aproveitar a información xerada nos procesos produtivos para optimizar recursos, mellorar a trazabilidade e anticiparte a posibles incidencias. Ademais, abordaranse as vantaxes da dixitalización, a sostibilidade e o uso de ferramentas dixitais e intelixencia artificial para apoiar a toma de decisións e responder ás demandas do mercado.