Axudas para a modernización de portos pesqueiros, lonxas e fondeadoiros (PE209G)
🏢 Queres coñecer as axudas dispoñibles para modernizar e mellorar equipamentos e infraestruturas portuarias? Neste obradoiro abordaranse as principais características da axuda PE209G, os proxectos subvencionables e a documentación necesaria para presentar unha solicitude. Tamén se ofrecerán pautas prácticas para preparar a memoria e o orzamento e evitar os erros máis frecuentes durante a tramitación.
