🏢 Queres coñecer as oportunidades que ofrece o FEMPA para impulsar novos proxectos e investimentos no sector do mar? Nesta xornada coñecerás como funciona o FEMPA 2021-2027, quen pode beneficiarse das súas axudas e cales son as principais liñas de apoio, con exemplos reais de Galicia. Tamén aprenderás a detectar investimentos, preparar proxectos e documentación e evitar os erros máis frecuentes na tramitación das axudas.
