Axudas para investimentos que fomenten a pesca sostible para propietarios de buques pesqueiros (PE120A/B/C/E)

🏢 Queres coñecer as axudas dispoñibles para realizar investimentos que contribúan a unha pesca máis sostible? Neste obradoiro abordaranse os requisitos de acceso ás axudas FEMPA PE120A/B/C/E, as obrigas das persoas beneficiarias e os gastos subvencionables. Tamén se ofrecerán pautas prácticas para identificar oportunidades de financiamento, planificar investimentos e preparar correctamente a documentación e a solicitude, evitando os erros máis frecuentes na súa tramitación.