Axudas FEMPA para a primeira adquisición dun buque de pesca (PE119A)

🚢 Queres dar o paso para adquirir o teu primeiro buque de pesca? Neste obradoiro descubrirás as oportunidades que ofrecen as axudas FEMPA PE119A para apoiar a incorporación de novos profesionais ao sector. Coñecerás os requisitos, os criterios de selección e a documentación necesaria para preparar correctamente a solicitude e facilitar o relevo xeracional na pesca galega.