Axudas FEMPA PE201B: investimentos en pemes de transformación pesqueira e acuícola

🏢 Queres coñecer as axudas dispoñibles para realizar investimentos na túa empresa de transformación pesqueira ou acuícola? Neste obradoiro abordaranse os requisitos de acceso ás axudas FEMPA PE201B, os investimentos e gastos subvencionables e a documentación necesaria para presentar unha solicitude completa. Tamén se ofrecerán exemplos prácticos e orientación para impulsar proxectos de modernización, eficiencia enerxética, innovación, sostibilidade e mellora da competitividade.