Axudas á acuicultura: oportunidades de investimento, creación de empresas e sustentabilidade (PE205F)
🏢 Queres coñecer as oportunidades de financiamento para desenvolver ou mellorar un proxecto no sector da acuicultura? Neste obradoiro abordaranse as axudas PE205F para investimentos produtivos, creación de novas empresas e modernización de instalacións. Tamén se analizarán actuacións relacionadas coa eficiencia enerxética, a sustentabilidade ambiental e a innovación, así como os requisitos, gastos subvencionables e pasos necesarios para preparar unha solicitude.
