Galicia reforza a súa seguridade alimentaria cun acordo entre as consellerías de Sanidade e do Mar para controlar o peixe das piscifactorías

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinaron a mañá do 23 de abril un convenio de colaboración co obxecto de analizar as mostras de peixe procedentes das piscifactorías galegas, co fin de garantir a seguridade alimentaria destes produtos.

Inserido no Plan Nacional de Investigación de Residuos (PNIR), o convenio cumpre coas directrices nacionais sobre o control de antibióticos e outras substancias prohibidas en produtos de consumo, polo que se asegura a calidade dos produtos con selo galego.

Durante o acto de firma, no que a subdirectora xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria, Inés Mato, presentou o convenio, o titular de Sanidade puxo en valor os controis de calidade que a Xunta realiza no conxunto da cadea alimentaria, subliñando que este novo acordo “velará pola seguridade alimentaria en toda a cadea”, e que “asegurará que o peixe, tanto de procedencia mariña como continental, chegue aos fogares cos máis altos estándares”.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES