Villaverde destaca o liderado da Xunta na defensa dun marco financieiro plurianual xusto, equilibrado e que garanta a viabilidade do sector pesqueiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, puxo en valor no Parlamento de Galicia o liderado da Xunta na defensa dun Marco Financieiro Plurianual “xusto, equilibrado e que garanta a viabilidade do sector pesqueiro”, pois así o amosan as accións emprendidas polo Goberno galego, logo do anuncio realizado en xullo pola Comisión Europea, e que alertaba dun recorte no mesmo do 67 %, o que se traduce en 2.000 millóns de euros para toda Europa.

Deste xeito, Villaverde aproveitou a comparecencia na Cámara galega para volver alzar a voz en defensa dos traballadores do mar, un apoio que se recolle no Ditame elaborado e aprobado por unanimidade dos membros do Consello Galego de Pesca. Un documento que a propia conselleira lle entregou en man ao comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis, hai dúas semanas, en Bruxelas, que invocou na 53 Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas, celebrada en Barcelona, e tamén no encontro bilateral coa Directora Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da CE.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES