A Xunta inviste 1 millón de euros na rehabilitación do peirao mexilloneiro de Moaña e aborda con Socomgal as infraestruturas portuarias

A conselleira do Mar, acompañada da presidenta de Portos de Galicia, reuniuse con representantes da Sociedade Cooperativa Galega de Mexilloeiros de Galicia (Socomgal) para abordar as infraestruturas e obras portuarias previstas en Moaña. Na reunión revisouse a situación administrativa das instalacións que emprega a cooperativa para a descarga e pesaxe do mexillón —caseta e báscula do peirao— e o estado das actuacións previstas en Domaio e Moaña. (…)

Saber mais

A Xunta apoia a sementeira de 1,1 millóns de unidades de ameixa babosa na ría do Burgo para rexenerar os bancos marisqueiros de O Burgo

A Confraría de Pescadores da Coruña levou a cabo unha nova sembra de ameixa babosa (Venerupis corrugata) na ría do Burgo co obxectivo de recuperar a biomasa e consolidar a actividade extractiva nos seus bancos submareais. A intervención realizouse ao abeiro dun proxecto de restauración e conservación financiado pola Consellería do Mar a través das súas axudas destinadas á biodiversidade mariña. (…)

Saber mais

Villaverde salienta a importancia de combinar tradición e innovación no sector mitilicultor durante a súa visita ao Grupo Proinsa.

A conselleira do Mar Marta Villaverde visitou as instalacións do Grupo Proinsa no porto de Lorbé (Sada, A Coruña) para coñecer os seus sistemas de captación de semente mediante cordas colectoras e poñer en valor as axudas do FEMPA ao sector miticultor galego. Na última convocatoria, a Consellería adxudicou máis de 7,8 millóns de euros ao conxunto do sector, financiando 89 proxectos de construción e modernización de bateas, instalación de sistemas de seguridade e renovación de embarcacións auxiliares. (…)

Saber mais
gl_ESGL_ES