A Xunta apoia a campaña ‘Saborear o cerco con peixe de Acerga’ para promover o consumo de máis de 50 especies da frota de cerco galega
A Organización de Produtores de Pesca de Cerco de Galicia (OPP-82 Acerga) presentou na lonxa de Sada, co apoio da Consellería do Mar, a campaña Saborear o cerco con peixe de Acerga, destinada a poñer en valor a diversidade dos produtos capturados pola frota de cerco, que traballa con máis de 50 especies. A iniciativa busca achegar aos consumidores tanto as especies habituais (sardiña, xurelo, cabala) como outras menos coñecidas pero con grandes calidades nutricionais e gastronómicas, como a boga, a agulla, o sargo ou a chopa. (…)
Saber maisVillaverde pón en valor Gastromar Ribeira como exemplo de innovación culinaria e promoción dos nosos produtos do mar
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na inauguración da V edición de Gastromar Ribeira, destacando esta feira como un referente na innovación culinaria e na promoción dos produtos do mar galegos. A responsable autonómica puxo en valor o papel de Ribeira como un dos principais portos pesqueiros de Galicia e resaltou o traballo de toda a cadea mar-industria para levar aos consumidores produtos frescos e de alta calidade. (…)
Saber maisA Xunta actuará de forma urxente na lagoa de Baldaio para protexer o marisqueo e o ecosistema
A Consellería do Mar e a Consellería de Medio Ambiente acordaron un protocolo de actuación urxente na lagoa de Baldaio (Carballo, A Coruña), un espazo integrado na Rede Natura 2000 cuxa conexión natural co mar foise deteriorando, poñendo en perigo tanto os hábitats protexidos como a actividade marisqueira tradicional. A medida máis inmediata é a apertura do canle estuarino coincidindo coa baixamar para restablecer a circulación da auga e os intercambios ecolóxicos co medio mariño. (…)
Saber mais