A Xunta asina coa Confraría de Carril o convenio para recuperar os seus bancos marisqueiros tras os temporais
A Xunta de Galicia e a Confraría de Pescadores de Carril asinaron un convenio de colaboración para recuperar os bancos marisqueiros danados polos temporais e pola baixa salinidade rexistrada a comezos de ano. O acordo, autorizado polo Consello da Xunta e cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), conta cun investimento de 100.417 euros e centrarase principalmente nos areais da Concha de Compostela e A Fangueira, cunha superficie duns 60.000 metros cadrados. Preto do 70 % do orzamento destínase a garantir ingresos para 50 mariscadoras que participarán nos labores de rexeneración. (…)
Saber maisVillaverde destaca as fortalezas dos produtos do mar galegos no XXVI Congreso AECOC de Produtos do Mar
A conselleira do Mar participou na inauguración do «26º Congreso AECOC de Productos del Mar», celebrado en Baiona, un evento de referencia que reúne a empresas de toda a cadea de valor do sector mariño. Villaverde distinguiu a Galicia como a “principal potencia marítimo-pesqueira de Europa” e destacou que a fortaleza dos produtos galegos reside na súa calidade recoñecida e o seu carácter saudable, respaldados por selos como Pesca de Rías, Galicia Calidade ou a DOP Mexillón de Galicia. (…)
Saber maisNatalia Botana Rey toma posesión como presidenta de Portos de Galicia
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu en Santiago de Compostela o acto de toma de posesión de Natalia Botana Rey como nova presidenta de Portos de Galicia, substituíndo a José Antonio Álvarez Vidal, nomeado recentemente presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Botana, nacida en Vigo en 1969, é licenciada en Veterinaria e conta con ampla traxectoria na Administración pública galega, incluíndo o seu paso pola DG MARE da Comisión Europea en Bruxelas. (…)
Saber mais