A Xunta eleva a 418.000€ o orzamento do Centro de Formación A Aixola, un 77% máis que en 2025
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou o 25 de xuño o Centro de Formación A Aixola, no porto de Marín (Pontevedra), para avaliar a súa programación. A dotación económica para 2026 ascende a 418.000 euros, fronte aos 236.286 do ano anterior, o que supón nun incremento do 77%. Este aumento permitiu estender a oferta formativa aos dous semestres do ano. O centro, xestionado polo Cetmar como medio propio instrumental desde 1997, ofrece 168 prazas repartidas en 12 accións formativas de media e curta duración (de 70 a 408 horas) en especialidades como a confección de artes de pesca, electricidade e hidráulica naval, carpintería náutica CNC e reparación de embarcacións neumáticas. (…)
Saber maisVillaverde define o Cetmar como ferramenta clave para o “futuro azul” de Galicia
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou o 23 de xuño o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) no marco dos Diálogos Cetmar, espazos de encontro entre a administración, o sector e a investigación. Na súa intervención, Villaverde destacou o papel central desta entidade na transferencia de coñecemento, a innovación tecnolóxica e o desenvolvemento de solucións aplicadas para os diferentes elos da cadea mar-industria galega. O Cetmar actúa como nexo entre a ciencia e o sector produtivo en áreas como a dixitalización da frota, a trazabilidade do produto, a sustentabilidade medioambiental e a formación técnica especializada. (…)
Saber maisGalicia asume a representación semestral de todas as CC.AA. no Consello de Ministros de Pesca da UE
O 25 de xuño, Galicia formalizou na sede da Representación Permanente de España ante a UE (Reper) o traspaso de funcións para asumir a portavocía do conxunto das Comunidades Autónomas nos Consellos de Ministros de Agricultura e Pesca (Agrifish) da Unión Europea durante o próximo semestre. O relevo faise conforme ao sistema de rotación da CARUE (Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea), con Andalucía como comunidade saínte. A delegación galega traballou na sesión para analizar o peche da presidencia saínte de Chipre e as liñas estratéxicas da próxima presidencia de Irlanda. (…)
Saber mais