Rueda salienta o compromiso da Xunta por modernizar a frota do servizo de Gardacostas coa entrega dunha nova patrulleira máis eficiente
Destaca o gran traballo que realizan este profesionais, operativos as 24 horas dos 365 días do ano. Con esta xa son seis as novas patrulleiras entregadas desde 2018 e a Xunta xa ten asignado orzamento para unha sétima. (…)
Saber maisGalicia lidera en Bruxelas o debate europeo pola reforma da Política Pesqueira Común
O 25 de xuño, a Xunta de Galicia organizou en Bruxelas, en colaboración co Comité Europeo das Rexións (CdR) e a Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), o debate estratéxico titulado “Trazar a reforma da PPC para garantir o futuro da pesca e as comunidades costeiras de Europa”. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidenta do Grupo de Traballo de Pesca da CRPM, expuxo a posición común das rexións marítimas de España, Francia, Italia e Portugal ante eurodeputados, representantes da Comisión Europea e do sector. O manifesto impulsado por Galicia reclama reequilibrar os tres piares da sustentabilidade (ambiental, económico e social), substituír o enfoque punitivo do deber de desembarco por un modelo preventivo e baseado na selectividade, eliminar os límites de arqueo que frenan a renovación da frota e reforzar a igualdade de condicións fronte a importacións de terceiros países. (…)
Saber maisVillaverde continúa coa confraría de Corcubión a súa rolda de contactos co sector
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse o 23 de xuño con representantes da confraría de pescadores de Corcubión (Costa da Morte, A Coruña) no marco dunha rolda de contactos directos co sector que foi realizando en diferentes puntos da costa galega. Estes encontros teñen como obxectivo coñecer de primeira man as necesidades e preocupacións dos pescadores artesanais, recoller propostas de mellora e trasladar información sobre as axudas e programas dispoñibles. A Costa da Morte é unha das zonas con maior actividade pesqueira artesanal de Galicia, con confrarías que traballan o percebe, o marisqueo e diferentes artes menores. (…)
Saber mais