A EFCA adxudica un contrato de 75 millóns de euros para patrulleiros de control de pesca en alta mar
A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA), con sede en Vigo, adxudicou un novo contrato marco de 75 millóns de euros para o servizo de buques patrulleiros de pesca en alta mar, garantindo a continuidade operativa das súas tres embarcacións: Ocean Guardian, Ocean Protector e Ocean Sentinel. O contrato ten unha duración de catro anos e foi adxudicado tras un procedemento de licitación competitivo. Estes buques son os únicos medios de patrulla marítima coordinados directamente por unha axencia da Unión Europea. (…)
Saber maisRueda salienta o compromiso da Xunta por modernizar a frota do servizo de Gardacostas coa entrega dunha nova patrulleira máis eficiente
Destaca o gran traballo que realizan este profesionais, operativos as 24 horas dos 365 días do ano. Con esta xa son seis as novas patrulleiras entregadas desde 2018 e a Xunta xa ten asignado orzamento para unha sétima. (…)
Saber maisGalicia lidera en Bruxelas o debate europeo pola reforma da Política Pesqueira Común
O 25 de xuño, a Xunta de Galicia organizou en Bruxelas, en colaboración co Comité Europeo das Rexións (CdR) e a Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), o debate estratéxico titulado “Trazar a reforma da PPC para garantir o futuro da pesca e as comunidades costeiras de Europa”. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidenta do Grupo de Traballo de Pesca da CRPM, expuxo a posición común das rexións marítimas de España, Francia, Italia e Portugal ante eurodeputados, representantes da Comisión Europea e do sector. O manifesto impulsado por Galicia reclama reequilibrar os tres piares da sustentabilidade (ambiental, económico e social), substituír o enfoque punitivo do deber de desembarco por un modelo preventivo e baseado na selectividade, eliminar os límites de arqueo que frenan a renovación da frota e reforzar a igualdade de condicións fronte a importacións de terceiros países. (…)
Saber mais