Villaverde defende en Bruxelas o papel da pesca e a acuicultura como piar da seguridade alimentaria europea
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o pasado 29 de xaneiro en Bruxelas na conferencia internacional “A contribución da pesca e a acuicultura á seguridade alimentaria”, un encontro no que defendeu o papel estratéxico dos alimentos azuis na garantía dun sistema alimentario europeo máis sostible, resiliente e saudable.
Saber maisVillaverde aborda con Anfaco-Cytma novas accións que poñan en valor a calidade e seguridade das conservas e o impulso dun consumo informado e responsable
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, recibiu á xunta directiva da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Produtos Transformados de Peixes e Mariscos-Centro Nacional de Coñecemento e Tecnoloxía para a Industria Mariña, Acuícola e Alimentaria (Anfaco-Cytma) en aras de emprender accións conxuntas que contribúan a poñer en valor a calidade, seguridade e prestixio das conservas de peixe.
Saber maisVillaverde anuncia que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas de modernización dos equipamentos portuarios, dotadas con 10 M€
As confrarías de pescadores, agrupacións do sector pesqueiro, organizacións de produtores, cooperativas, asociacións profesionais de persoas pescadoras, mariscadoras e redeiras xa poden solicitar as axudas da nova orde habilitada pola Xunta por valor de 10 millóns de euros para a modernización de equipamentos e infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque, rulas e fondeadoiros.
Saber mais