Villaverde pón en valor Gastromar Ribeira como exemplo de innovación culinaria e promoción dos nosos produtos do mar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na inauguración da V edición de Gastromar Ribeira, destacando esta feira como un referente na innovación culinaria e na promoción dos produtos do mar galegos. A responsable autonómica puxo en valor o papel de Ribeira como un dos principais portos pesqueiros de Galicia e resaltou o traballo de toda a cadea mar-industria para levar aos consumidores produtos frescos e de alta calidade. (…)

Saber mais

A Xunta actuará de forma urxente na lagoa de Baldaio para protexer o marisqueo e o ecosistema

A Consellería do Mar e a Consellería de Medio Ambiente acordaron un protocolo de actuación urxente na lagoa de Baldaio (Carballo, A Coruña), un espazo integrado na Rede Natura 2000 cuxa conexión natural co mar foise deteriorando, poñendo en perigo tanto os hábitats protexidos como a actividade marisqueira tradicional. A medida máis inmediata é a apertura do canle estuarino coincidindo coa baixamar para restablecer a circulación da auga e os intercambios ecolóxicos co medio mariño. (…)

Saber mais

Os portos de Galicia xeraron 2,2 millóns de euros con case 1.800 barcos en tránsito na primeira metade do verán

Os 30 portos deportivos que xestiona a Xunta de Galicia recibiron entre xuño e xullo un total de 1.778 embarcacións de turistas náuticos, xerando uns ingresos no sector auxiliar vinculado á náutica de recreo de preto de 2,2 millóns de euros. O porto de Muros foi o que máis tránsitos rexistrou (230), seguido de Viveiro (205) e Combarro-Poio (204). A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, realizou un balance en Muros destacando que as cifras son similares ás do ano anterior. (…)

Saber mais

subscríbete á nosa newsletter

Nosas redes sociais

gl_ESGL_ES