Dous buques galegos melloran as súas cotas de austromerluza no Índico tras os acordos do SIOFA nas Seychelles
Os dous únicos buques galegos que operan no océano Índico Sur mellorarán as súas posibilidades de captura de austromerluza tras os acordos alcanzados na reunión anual do SIOFA, celebrada entre o 1 e o 10 de xullo en Mahé (Seychelles). Os principais avances inclúen a creación dunha nova zona de xestión South Indian Ridge (SIR) onde a UE disporá do 89% das posibilidades de pesca, un aumento do 35,3% na participación na zona Del Cano, e a substitución do sistema de celas en William’s Ridge por cotas de pesca. O límite de anzois por buque elévase de 3.000 a 6.250. (…)
Saber maisConvenio de 751.371 euros entre Mar e a Confraría de O Grove para a recuperación marisqueira de maior alcance xeográfico en Galicia
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou coa patroa maior da Confraría de Pescadores de O Grove, María del Carmen Besada, o convenio de maior alcance xeográfico dos 18 aprobados en Galicia para a recuperación de bancos marisqueiros danados polos temporais de inverno. A contía total é de 751.371,65 euros, cofinanciados polo FEMPA. O plan contempla o acondicionamento de substrato, limpeza de restos orgánicos e inorgánicos, control de depredadores e de especies exóticas invasoras, e sementeiras para o preengorde de xuvenís en parques de cultivo. (…)
Saber maisA Xunta inviste máis de 1,3 M€ na recuperación de 1.400 m² de superficie marisqueira na Illa de Arousa
A conselleira do Mar asinou o maior convenio económico do plan de recuperación dos bancos marisqueiros tras os episodios de baixa salinidade de principios de 2026 coa Confraría da Illa de Arousa, por un importe de 1.357.655 euros. O proxecto actuará en areais como A Canteira, O Bao, Camaxe, Xestelas e As Aceñas, mediante a sementeira de 2 millóns de unidades de ameixa babosa e actuacións de remoción e osixenación do substrato. (…)
Saber mais