A Xunta adianta e unifica a veda do choco nas Rías Baixas a partir do 20 de xullo

A Consellería do Mar decidiu adiantar e unificar o inicio do paro biolóxico do choco (xiba) nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, fixándoo o 20 de xullo de 2026. A medida adoptase tras constatar nos informes técnicos un incremento no número de xuvenís na zona, o que aconsella un descanso temperán para protexer a reprodución da especie e garantir capturas futuras. (…)

Saber mais

Convenio de 400.000 euros coa Confraría de Pontedeume e balance de Gardacostas: 9.760 inspeccións e 28.000 quilos de marisco ilegal en 2025

A conselleira Marta Villaverde e o patrón maior da Confraría de Pontedeume, Diego Pérez, asinaron o convenio de recuperación dos bancos marisqueiros da área tras os temporais de inverno, dotado con preto de 400.000 euros cofinanciados polo FEMPA. O plan actuará nas zonas entre as Puntas Magdalena e Macuca, con sementeira de 1,8 millóns de unidades de ameixa babosa e actuacións en oito bancos marisqueiros. (…)

Saber mais

Nova campaña de anchoa na costa oeste de Galicia: cota de 1.632 toneladas para 2026-2027

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou no BOE a resolución pola que se fixa a cota de anchoa da zona da costa oeste de Galicia para o período do 1 de xullo de 2026 ao 30 de xuño de 2027: 1.632 toneladas. Poderán capturala máis de 240 buques de cerco do Cantábrico e nordeste, así como os 357 buques de xeito, racú e piobardeira con porto base en Galicia, Cantabria, Asturias e País Vasco. (…)

Saber mais
gl_ESGL_ES