Villaverde sitúa a sostibilidade económica, social e ambiental no debate sobre o futuro da pesca artesanal

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o 9 de outubro en Foz (Lugo) na clausura das XII Xornadas de Reflexión sobre a Pesca Artesanal do Cantábrico Noroeste, organizadas pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo. No encontro destacou a importancia da frota artesanal para a economía e a cohesión social das comunidades costeiras, defendéndoa como un modelo ligado á transformación, ao futuro e á sustentabilidade. (…)

Saber mais

Galicia e Angola abordan novas vías de cooperación no ámbito marítimo-pesqueiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse en Vigo con Carmen Ivelise del Sacramento Neto, ministra de Pesca e Recursos Mariños de Angola, durante a estadía dunha delegación angolana en Galicia con motivo da feira Conxemar. O encontro, ao que tamén asistiron o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, centrouse nas posibilidades de colaboración en xestión sustentable de recursos pesqueiros, investigación mariña, formación marítimo-pesqueira e acuicultura. Galicia conta cunha longa traxectoria de cooperación con países africanos a través das súas frotas de altura, que faenan en augas do Atlántico centro-oriental, e este tipo de encontros reforza os vínculos institucionais que facilitan esa actividade.. (…)

Saber mais

A Xunta e Docapesca avanzan na cooperación para facer fronte a retos comúns do sector pesqueiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse no marco de Conxemar con Alfonso Oliveira, presidente de Docapesca-Portos e Lotas, a empresa pública portuguesa que xestiona as lonxas e portos pesqueiros de Portugal. O encontro serviu para explorar vías de cooperación entre Galicia e Portugal en dixitalización, trazabilidade, transparencia de prezos nos mercados de primeira venda, xestión de residuos e eficiencia enerxética en instalacións portuarias. As partes intercambiaron experiencias sobre os seus respectivos modelos de xestión: a experiencia galega en xestión de datos pesqueiros e o sistema portugués de poxa a distancia «Leilão Online», que permite aos compradores puxa desde calquera lugar sen estar fisicamente na lonxa.. (…)

Saber mais
gl_ESGL_ES