Galicia asume a representación semestral de todas as CC.AA. no Consello de Ministros de Pesca da UE
O 25 de xuño, Galicia formalizou na sede da Representación Permanente de España ante a UE (Reper) o traspaso de funcións para asumir a portavocía do conxunto das Comunidades Autónomas nos Consellos de Ministros de Agricultura e Pesca (Agrifish) da Unión Europea durante o próximo semestre. O relevo faise conforme ao sistema de rotación da CARUE (Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea), con Andalucía como comunidade saínte. A delegación galega traballou na sesión para analizar o peche da presidencia saínte de Chipre e as liñas estratéxicas da próxima presidencia de Irlanda. (…)
Saber maisA Xunta asina coa Confraría de Carril o convenio para recuperar os seus bancos marisqueiros tras os temporais
A Xunta de Galicia e a Confraría de Pescadores de Carril asinaron un convenio de colaboración para recuperar os bancos marisqueiros danados polos temporais e pola baixa salinidade rexistrada a comezos de ano. O acordo, autorizado polo Consello da Xunta e cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), conta cun investimento de 100.417 euros e centrarase principalmente nos areais da Concha de Compostela e A Fangueira, cunha superficie duns 60.000 metros cadrados. Preto do 70 % do orzamento destínase a garantir ingresos para 50 mariscadoras que participarán nos labores de rexeneración. (…)
Saber maisVillaverde destaca as fortalezas dos produtos do mar galegos no XXVI Congreso AECOC de Produtos do Mar
A conselleira do Mar participou na inauguración do «26º Congreso AECOC de Productos del Mar», celebrado en Baiona, un evento de referencia que reúne a empresas de toda a cadea de valor do sector mariño. Villaverde distinguiu a Galicia como a “principal potencia marítimo-pesqueira de Europa” e destacou que a fortaleza dos produtos galegos reside na súa calidade recoñecida e o seu carácter saudable, respaldados por selos como Pesca de Rías, Galicia Calidade ou a DOP Mexillón de Galicia. (…)
Saber mais